5-9-2026

D. ALAVÉS "B": Swiderski, Ibón, Carlos, Paco, Pablo (Iñaki 56), Lander, Manex (Ander 75), Iván (Frederic 70), Carlo, Tazghat (Dion 56), Asier (Dennis 56).

CORUXO F.C.: Cacharrón, Guido, Alex Barba, Guille Pinin (Xavi Cidre 75), David Añón (Iker 64), Iván Breñé (Santos 64), Nacho Fariña, Juan Lima, Davi Fernández, Álvaro Naveira, Jon Arruabarrena (Dani Rosas 28).

GOLES: 0-1 Dani Rosas min.43, 0-2 Santos Fonterigo min.69.

ÁRBITROS: Alberto Fernández Nicolás. Aistentes: Guillermo Martínez Martínez, Carlos Aranda Anquela.

O Coruxo comenza a liga con tres puntos de ouro en Vitoria

O calor apertou na Cidade Deportiva José Luis Compañón nunha tarde na que o Coruxo soubo sufrir, agardar o seu momento. Os dous equipos saltaron ao céspede con cautela, tanteándose e medindo cada movemento.

Durante boa parte da primeira mitade, nin o Alavés B nin o conxunto coruxista eran quen de enganchar a primeira liña polo que o encontro disputabase prácticamente no centro do campo e as ocasións de gol facíanse esperar.

O primeiro movemento ofensivo dos verdes chegou no treito final do primeiro tempo. Dani Rosas entraba no terreo de xogo en substitución de Jon Arruabarrena. Apenas uns minutos despois da súa entrada, Dani Rosas adiantaba o Coruxo cun auténtico golazo tras asociarse con Nacho Fariña, o disparo foi escorado acabou no fondo das mallas co 0-1, uns minutos máis tarde o colexiado señalaba o camiño dos vestuarios.

No inicio do segundo tempo Coruxo procurou controlar o encontro e aumentar a vantaxe, pero o Alavés B deu un paso adiante moi decidido a atopar o empate. Os vascos apertaron e estiveron moi preto de igualar a contenda, pero cando máis necesario foi, apareceu Pablo Cacharrón para manter a portería baixo candado.

No minuto sesenta e cinco, Santos Fonterigo saltaba ao terreo de xogo e sen apenas tempo para asentarse sobre o céspede, o atacante vigués poñía terra de por medio e asinaba o segundo tanto coruxista co 0-2, o gol da tranquilidade.

O Coruxo soubo sufrir, resistir e aproveitar as súas oportunidades.

5-9-2026

EN RED

Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template
Fables Template